Cargando resultados...
Homenaxe á xente do mar en Ribadeo cunha imaxe da Virxe do Carme baixo o mar
Homenaxe á xente do mar en Ribadeo cunha imaxe da Virxe do Carme baixo o mar
Previamente hai unha misa e unha procesión que sempre atrae moitos fieis
G24.gal
22/07/2023 21:26
Última actualización 22/07/2023 21:57
En Ribadeo réndenlle homenaxe á xente do mar cunha procesión na que todo o protagonismo o ten a Virxe do Carme. O curioso é que unha imaxe da patroa dos mariñeiros acaba mergullada, instalada nunha embarcación no fondo do mar.
A Virxe do Carme en Ribadeo ocupa un lugar especial no peirao. Aquí ven dúas imaxes. A que está de branco presenta este aspecto porque acaba baixo a superficie.
Todo principia cunha misa na Atalaia. Ao rematar, sae a procesión ata o porto antes de embarcar a imaxe, unha celebración que sempre atrae moitos fieis e visitantes.
Este ano a homenaxe é máis ampla, e faise en lembranza de todos os ribadenses.