Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dani Alves di que non fuxirá se o deixan en liberdade e as acusacións piden que siga no cárcere

Dani Alves di que non fuxirá se o deixan en liberdade e as acusacións piden que siga no cárcere

Segundo fontes xudiciais, a resolución do tribunal debería producirse esta mesma semana

G24.gal 19/03/2024 13:07

Na Audiencia de Barcelona celebrouse a vista para decidir sobre a petición de liberdade provisoria presentada pola defensa do futbolista Dani Alves que xa cumpriu a cuarta parte dos catro anos e medio de prisión aos que foi condenado por violación.

A Fiscalía e a acusación particular opóñense a que sexa posto en liberdade ata que a sentenza sexa firme e din que existe risco de fuga.

Con vinte minutos de atraso comezou na Audiencia de Barcelona a vista sobre a petición de liberdade presentada pola defensa do futbolista Dani Alves, condenado a catro anos e medio de prisión por violar unha moza nunha discoteca.

Durante a vista, que Alves seguiu por videoconferencia desde o cárcere de Brians, onde ingresou en xaneiro do ano pasado, a súa defensa alegou que xa cumpriu a cuarta parte da condena, o que, se a sentenza fose firme, lle permitiría acceder aos permisos penitenciarios.

"Medidas cautelares que solicitei, a retirada de pasaportes, comparecencias que se poidan presentar e unha fianza tamén".

A Fiscalía e a acusación particular opuxéronse a que o futbolista saia de prisión, xa que consideran que podería fuxir do país.

"Entendo que hai un risco de fuga, que debe manterse a prisión preventiva mentres se resolven todos os recursos presentados polas partes e a esperar a resolución da sala".

Na última quenda de palabra, Dani Alves dixo que confía na Xustiza e que non fuxirá se o deixan en liberdade. Segundo fontes xudiciais, a resolución do tribunal debería producirse esta mesma semana.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade