Publicador de contidos
Publicador de contidos

David Rodríguez "Aínda que marchei de mozo, será un partido moi especial"

David Rodríguez "Aínda que marchei de mozo, será un partido moi especial"

O dianteiro talaverano do Rácing de Ferrol enfrontarase este domingo ao equipo da súa cidade natal

G24.gal 13/11/2021 09:56

David Rodríguez xa é un vello roqueiro do fútbol español. Pero, por moi estraño que pareza, non regresou a xogar ao fútbol á súa vila natal, Talavera de la Reina, en tantas ocasións. Esta fin de semana farao, o domingo ás cinco da tarde.

"Marchei moi novo de alí, logo do Torneo de Brunete, á canteira do Atlético de Madrid. Non fun tantas veces pero si é bonito e especial, regresar coa túa xente, teño amigos e lembranzas dos equipos de fútbol sala e fútbol sete. Queda marcado no calendario. Só xoguei unha vez de visitante, gañamos e marquei dous goles. A ver se podo repetir"

O Rácing de Ferrol chega a esta xornada tras perder puntos de novo na Malata e necesitado de recuperar sensacións. Iso si, lonxe de Ferrol o conxunto departametal amosa a súa mellor versión.

"Un pouco raro si que é, porque temos ocasións, ningún rival é mellor que nós. Logo o final sempre é o mesmo. Son pequenos detalles, se pasa unha vez é mala sorte pero se pasa tantas, é algo que hai que mellorar. Necesitamos facer algo para dar un chimpo na clasificación e gañar dous partidos seguidos, porque fóra estamos sacando moitos puntos" 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade