Publicador de contidos
Publicador de contidos

De la Barrera: "Espero e creo que o Dépor será campión do seu grupo e de xeito claro"

De la Barrera: "Espero e creo que o Dépor será campión do seu grupo e de xeito claro"

O Baleares será un rival complicado para o Celta

Villares, Miku e Menudo destacados polo adestrador coruñés

G24.gal 04/01/2022 15:52

Polos micros de Zona mixta pasou o coruñés Rubén de la Barrera para analizar a tempada do seu equipo, o próximo rival do Celta en Copa e, como non, ao Deportivo

Un rival feito para ascender

O Celta vaise atopar cun Atlético Balears moi complicado en Copa, afirmou.

"Gastou moitos cartos para ascender. Ten gol e son moi bos a balón parado, pero veremos como levan eses argumentos contra un equipo de Primeira como é o Celta. Non vai ser doado, pero o Celta é favorito".

Un grupo temible para o Albacete

Sinalou o adestrador que o seu equipo compite nun grupo moi forte: "Estou moi contento en Albacete. Estamos nun grupo tremendamente duro, con moitos equipos que aspiran a acadar a primeira posición ou na fase de ascenso e coa particularidade dos filiais, con moi boas individualidades. É unha liga moi competitiva. É un viveiro para clubs doutras categorías e non sabería dicir se é máis difícil este ou o outro".

O Deportivo, claro favorito ao ascenso directo

"Ao Depor véxoo desde dous puntos de vista: o desexo de que ascenda e, por outro lado, tampouco puiden ver todos os partidos, pero si resumos. Ten superioridade por xogadores nas dúas áreas. Esa dinámica decanta o peso de moitos partidos. Creo e espero que o Dépor será campión do seu grupo e de xeito claro".

Sobre Villares dixo que está en crecemento continuo e que merece estar nunha categoría superior e louvou a Miku, un dianteiro que lle encanta e que non puido gozar totalmente o pasado ano polos problemas físicos que tivo o venezolano. 

Tamén afirmou que Menudo, a pesar de contar con poucos minutos, é un xogador desexable para calquera bo equipo.

Un particular xeito de expresarse

Sobre a súa forma de falar e comunicarse cos xogadores aseverou: "Os meus xogadores non sei se xa falan coma min, pero os puntos que levamos indican que, cando menos, me entenden".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar