Publicador de contidos
Publicador de contidos

De la Fuente di que as críticas por aplaudir a Rubiales "son merecidas": "Pido perdón"

De la Fuente di que as críticas por aplaudir a Rubiales "son merecidas": "Pido perdón"

O seleccionador masculino de fútbol considera que non ten que dimitir: "Pensaba que estaba nun acto protocolario de despedida do presidente, pero transformouse nunha situación diferente para a que non estaba preparado"

O adestrador da selección española de fútbol, Luis de la Fuente  (EFE/ Juan Carlos Hidalgo) O adestrador da selección española de fútbol, Luis de la Fuente (EFE/ Juan Carlos Hidalgo)
G24.gal 01/09/2023 13:06 Última actualización 01/09/2023 14:32

O seleccionador nacional Luís de la Fuente pediu este venres "perdón" polo seu modo de actuar durante a pasada asemblea da RFEF e recoñeceu que as críticas que recibiu "son totalmente merecidas", pero que non debe de "dimitir" por elas.  

"Ante a repercusión social, mediática e política dos meus aplausos na asemblea, quero explicar a situación vivida. Recibín críticas por iso e saben o que penso? Que son totalmente merecidas. Laméntoo e pido perdón por elas", asegurou De la Fuente en conferencia de prensa.  

O técnico rioxano considerou os feitos vividos o pasado venres como "inxustificables". "Acudín á Asemblea, convencido, igual que a maioría dos que estabamos alí que se trataba dun acto protocolario de despedida do presidente, pero transformouse nunha situación diferente para a que non estaba preparado", dixo para engadir: "Entrei en shock". 

Ademais, Luís de la Fuente asegurou que non valorou a dimisión ao sentir o apoio das Territoriais e o presidente interino, Pedro Rocha. "

Nun comunicado censurei a postura nos actos de entrega de premios con Jenni, pero creo que non teño que dimitir, teño que pedir perdón. Cometín un erro humano inescusable que agora mesmo, se puidese volver atrás, non volvería cometer. Sempre estiven ao lado da igualdade e o respecto. Todos temos que mellorar en materia de igualdade, por suposto que eu o primeiro, e nese proceso estamos", dixo.

Pediu De la Fuente que sexa xulgado polos resultados da selección española, coa "presión" coa que dixo sentirse "cómodo", afastado doutros focos. "Cando se cuestionan valores e principios xérame inquedanza e tensión. Que se me cuestione polos resultados".

Un dos puntos que tivo que explicar De la Fuente foi a tardanza na súa reacción, tras o ruído xerado polos seus aplausos en momentos do discurso de Rubiales, e o feito de lanzalo despois de que FIFA entrase no caso.

"Aplaudín polo contexto nunha situación de presión no ambiente. Sénteste incómodo, estas fóra de sitio. Nunca me pasara nin vivira unha situación dese estrés emocional. Cando saio da Asemblea, non teño recursos literarios. Son adestrador e necesito un tempo para reflexionar, velo en perspectiva e pensar", dixo.

"Desde que saímos da Asemblea empezamos a ver a realidade, escoitar e con máis tranquilidade preparalo. Coincidiu no tempo (o comunicado da FIFA) pero nunha hora non daba tempo a preparalo. O texto reflicte o que eu sentía", engadiu.

De la Fuente non falou con Jenni Hermoso ao entender que "está a vivir un momento difícil", confesando que lle faltou " valor" para facelo, e asegurou que a xogadora "non é responsable de nada do que está a suceder".

Aproveitou unha comparecencia tan seguida para pedir melloras en materia de igualdade e deixar claro que aínda queda moito camiño por percorrer. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade