Publicador de contidos
Publicador de contidos

Visita guiada polos tesouros románicos da Ribeira Sacra

Visita guiada polos tesouros románicos da Ribeira Sacra

Aquí está a maior concentración da arte rural desta época de toda Europa
 

G24.gal 22/07/2023 14:40 Última actualización 22/07/2023 15:14

Unha empresa creada por dúas emprendedoras ofrece un programa de visitas guiadas para dar a coñecer a arte románica na Ribeira Sacra, un patrimonio que inunda todos os recunchos desta zona de Galicia.

En Ferreira de Pantón, na igrexa de San Miguel de Eiré, Beatriz tenta transmitirlle a un grupo de turistas os seus coñecementos e o seu amor polo románico, precisamente nun antigo convento feminino de finais do século XII que se caracteriza por unha torre senlleira.

As figuras tetramórficas de san Xoán e san Mateo tamén chaman a atención do grupo. Do mosteiro, que pechou no século XVI, xa nada queda, pero o románico inunda cada pedra do templo.

Pouco a pouco o feito de que a Ribeira Sacra teña a maior concentración de románico rural de Europa vai chamando á xente, outro atractivo máis dunha zona do interior galego, compartida por Lugo e Ourense, que mantén intacta a capacidade de sorprender a quen a visita.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade