Publicador de contidos
Publicador de contidos

De visita en Galicia o catalán Lluc Crusellas, o mellor mestre chocolateiro do mundo

De visita en Galicia o catalán Lluc Crusellas, o mellor mestre chocolateiro do mundo

G24.gal 03/10/2023 22:11 Última actualización 03/10/2023 22:20

Conquistou o título de mellor mestre chocolateiro do mundo no World Chocolate Masters celebrado o ano pasado en París. Alí superou seis probas. Entre as súas creacións, un elefante de chocolate de case 200 quilos que tardou un mes en montar.

Lluc Crusellas visita por primeira vez Galicia para compartir con profesionais do sector os seus coñecementos e o seu concepto da pastelaría. Faino elaborando unha proposta de turróns e doces para o Nadal. 

Ser o mellor chocolateiro do mundo non lle fixo renunciar nin ao seu equipo nin á pastelaría da cidade barcelonesa de Vic, onde traballa desde 2017.

Este compromiso farao compatible cun novo proxecto que está a poñer en marcha dedicado en exclusiva á súa especialidade: o produto de chocolate. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade