Un incendio ás aforas de Atenas obriga a evacuar milleiros de persoas
Un incendio ás aforas de Atenas obriga a evacuar milleiros de persoas
90 bombeiros con 35 camións, seis avións e oito helicópteros cisterna loitan para que as lapas non queimen a localidade de Kitsi
O lume xa queimou algunhas vivendas e empresas situadas nos arredores da vila
Un grande incendio que se declarou este mércores nos arredores de Atenas, nunha zona de matogueira baixa, obrigou ás autoridades a ordenar a evacuación de miles de persoas.
O incendio declarouse este mediodía preto da localidade de Koropi, a uns 25 quilómetros ao leste do centro da capital grega.
As autoridades xa ordenaron a evacuación da localidade de Kitsi, duns 5.000 habitantes, como tamén de Labrikiá e de tres campamentos escolares de veraneo na zona.
Uns 90 bombeiros con 35 camións, seis avións e oito helicópteros loitan para que as lapas non queimen a localidade de Kitsi, aínda que o lume xa queimou algunhas vivendas e empresas situadas nos arredores do pobo, segundo os medios locais.
As tarefas de extinción vense dificultadas polos fortes ventos, con refachos que de ata 90 quilómetros por hora e polas temperaturas que superan os 38 graos. A fronte do incendio é duns 1,5 quilómetros.
"Este é un día moi difícil", sinalou nunha rolda de prensa o voceiro do corpo de Bombeiros. Vasilis Varthakogianis sinalou que este mércores se está declarando un novo incendio cada 10 minutos.
Decenas de bombeiros loitan contra outro grande incendio na rexión de Argólida, no sur do país, que obrigou a evacuar a localidade de Dárdiza.
Grecia sufriu o pasado verán una a vaga de incendios que arrasaron unha 150.000 hectáreas e na que morreron 28 persoas.