Veciños de Nigrán decidirán en referendo o sentido da circulación nunha rúa
Veciños de Nigrán decidirán en referendo o sentido da circulación nunha rúa
O Concello comprométese a poñer en marcha a solución que saia das urnas para regular o tráfico nunha vía en que no verán soportan atascos, coches mal aparcados e maior perigo ao incrementar a circulación
Na Bouza Vella, os veciños coinciden no caótico desta rúa de Nigrán, especialmente no verán. Din que é perigosa, con atascos e con coches mal aparcados. No que non están de acordo é na solución.
Uns queren manter o dobre sentido na circulación con máis controis que eviten os vehículos mal estacionados. Din os veciños que, do contrario, terían que dar moito rodeo para chegar as súas casas.
Outros apostan polo sentido único como solución. Neste caso pensan que evitaría atascos e que habería mais seguridade para condutores e peóns.
Tamén hai posicionamentos que combinan as posibles solucións. Din alguns veciños que manterán o dobre sentido todo o ano, excepto no verán.
A solución pode causar inimizades, pero será democrática. Os veciños participarán nun referendo e o Concello aplicará a decisión que saia das urnas.
Será o segundo referendo que convoca o Concello de Nigrán este ano. O primeiro foi para decidir sobre o acceso dos cans ás praias durante o verán.