Cargando resultados...
Activada a alerta 2 en Arbo por incendio que ameaza un polígono industrial
Activada a alerta 2 en Arbo por incendio que ameaza un polígono industrial
En Barcela, as lapas entraron desde Portugal, arderon 70 hectáreas
A Xunta pediu a intervención da UME
G24.gal
03/08/2022 16:27
Última actualización 03/08/2022 22:27
A Xunta activou como medida preventiva a situación dúas nun incendio forestal activo no concello de Arbo, no lugar de Barcela, debido á proximidade das chamas ao polígono industrial. Para facerlle fronte, a Xunta solicitou a axuda da Unidade Militar de Emerxencias (UME).
O lume, informa un comunicado, entrou desde Portugal ás catro menos vinte da tarde e permanece activo. Ata o momento mobilizáronse un técnico, catro axentes, 9 brigadas, 8 motobombas, 2 pas, 2 avións e 3 helicópteros.
O outro de gran envergadura é o que afecta á parroquia de Mourentán, tamén en Arbo, con 400 hectáreas calcinadas, aínda que se atopa estabilizado.