Publicador de contidos
Publicador de contidos

Decretan liberdade vixiada para os menores detidos pola violación grupal de Burjassot

Decretan liberdade vixiada para os menores detidos pola violación grupal de Burjassot

Un quinto implicado queda en liberdade vixiada con orde de afastamento das vítimas

A policía trata de localizar un sexto mozo sospeitoso de participar tamén na agresión sexual

G24.gal 19/05/2022 21:41 Última actualización 19/05/2022 23:20

O xuíz acordou liberdade vixiada con afastamento para os cinco menores detidos polas supostas agresións sexuais que sufriron o pasado luns dúas nenas na localidade valenciana de Burjassot. A Fiscalía pedira o internamento con réxime pechado para catro dos menores e liberdade vixiada con afastamento para o quinto arrestado.

Os rapaces, de entre 15 e 17 anos, están acusados de participar na agresión sexual a dúas adolescentes de 12 e 13 anos. A policía busca un sexto mozo que puidera estar tamén implicado. 

A policía enviou unidades antidisturbios ao xulgado tras os altercados rexistrados entre os familiares dos detidos e os medios de comunicación. Unha das nenas foi agredida supostamente polos seis sospeitosos e a súa amiga logrou fuxir, mesmo intentou gravar os feitos co seu móbil. Os expertos advirten contra a dobre vitimización das agredidas.

Vítimas e agresores citáranse a través de Instagram. Os educadores chaman a atención sobre os perigos que agochan as redes sociais.

A Unidade de Familia e Protección da Muller da Policía mantén aberta a investigación ante este grave suceso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade