A Xunta pídelle ao Goberno que elabore un plan de conservación de infraestruturas
A Xunta pídelle ao Goberno que elabore un plan de conservación de infraestruturas
A Xunta critica as deficiencias que acumula a autovía A-6, a vía principal de comunicación coa Meseta
Os derradeiros incidentes foron un accidente que obrigou a derivar o tráfico pola antiga Nacional VI e unha derruba
A situación da autovía A-6 para o Goberno da Xunta é alarmante polas deficiencias que presenta. Demandan que o Goberno de España, de quen depende a vía, leve a cabo de xeito urxente un plan integral de conservación desta infraestrutura, dada a importancia que ten como vía de comunicación coa Meseta.
Esta mesma semana produciuse un novo accidente no desvío da autovía que obriga a recorrer a un trazado antigo da estrada nacional VI, moi estreito e sinuoso. Nas mesmas datas tivo lugar un derrubamento de pedras e terra sobre a autovía á altura de Becerreá. Son incidencias recentes que se suman a outras actuacións que se están levando a cabo, como a reparación dunha fochanca no viaduto de Trabadelo e diversas obras no firme desta vía.