Denuncia que leva seis meses agardando pola resolución dunha licenza de obra menor
Denuncia que leva seis meses agardando pola resolución dunha licenza de obra menor
O Concello de Vila de Cruces non lle respondeu nos tres meses que marca a lei
A veciña que solicita a licenza tampouco conseguiu lle acreditaran o silencio administrativo e agora pídenlle máis documentación
Ésta é a oitava vez que Raquel vai ex profeso ata as oficinas do Concello por cuestións relativas a unha solicitude de licenza de obra para facer un pendello de 20 metros cadrados nun terreo da familia.
Xa fixo antes alí outras obras menores, coma un peche, que se tramitaron sen problema nos prazos establecidos, pero esta vez considera que está sufrindo unha demora administrativa abusiva e inxustificada.
Entre unhas cousas e outras van xa seis meses da solicitude inicial e non sabe canto máis terá que agardar, porque á hora de presentar esta nova documentación non conseguiu saber cales son os novos prazos aos que pode aterse, porque no Rexistro non lle deron esa información.
"É unha odisea para construir só un alpendre de 20 metros. Paréceme unha auténtica tomadura de pelo as voltas que lle están dando".
Di que se non recibe resposta axiña denunciará a falta de dilixencia da Administración municipal diante doutras instancias, coma o xulgado ou o Valedor do Pobo, para que se tomen medidas.