Denuncian a corta sen permiso duns 200 carballos centenarios en Vilaescura
Denuncian a corta sen permiso duns 200 carballos centenarios en Vilaescura
As árbores cortáronse nunha zona de Sober protexida pola Rede Natura
Os propietarios afectados presentaron unha denuncia contra un madeireiro
Unhas 250 árbores centenarias foron cortadas sen permiso por un madeireiro na parroquia soberesa de Vilaescura, segundo denuncian máis dunha vintena de propietarios afectados.
A maioría, uns 200, son carballos, mentres que o resto son piñeiros silvestres, e todos encontrábanse nunha área protexida pola Rede Natura. Boa parte das árbores cortáronse, ademais, nunha zona onde está catalogado un castro.
Para evitar ser sancionados pola Xunta ou polo Seprona, os propios donos decidiron presentar unha denuncia, de forma conxunta, contra o madeireiro.
A pesar disto, a madeira das árbores aínda non foi intervida. E, por se fose pouco, parte das pistas usadas para as cortas quedaron estragadas.