Publicador de contidos
Publicador de contidos

Denuncian un mozo por pasear polas rúas de Cambre cun machete

Denuncian un mozo por pasear polas rúas de Cambre cun machete

O portador do machete fuxiu ao ver a policía e dous individuos que o acompañaban tamén marcharon, pero en dirección contraria

Os axentes tiveron tempo para recoñecelos e localizáronos pouco tempo despois

G24.gal 30/09/2023 17:17

A Policía Local de Cambre denunciou un mozo que paseaba pola contorna do Paraugas e da Casa das Palmeiras do Temple cun machete de 45 centímetros de folla. Segundo informou o Concello, os feitos sucederon o pasado xoves, cando dúas patrullas acudiron ata o lugar tras recibir a chamada de varios particulares que alertaban da presenza deste individuo que estaba acompañado por outros dous.

Ao darse de conta da presenza policial, o portador do machete fuxiu da zona e acto seguido os outros dous acompañantes tamén, pero en dirección contraria, e previamente tentaron acceder a un vehículo. Os axentes tiveron tempo para recoñecelos e localizáronos pouco tempo despois. Así, como parte desa mesma intervención, a policía rexistrou o coche ao que os mozos tentaran entrar.

Desta forma, incautáronse dunha "pequena cantidade" dunha substancia estupefaciente que pertencía a un cuarto novo. Pola súa banda, a persoa que portaba o machete foi denunciada por unha infracción grave contra a seguridade cidadá, por desobediencia, falta de respecto e alteración da orde pública.

Así mesmo, a policía fixo unha acta de denuncia contra o cuarto novo implicado na intervención por tenencia de drogas tóxicas ou substancias psicotrópicas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos