Publicador de contidos
Publicador de contidos

Derradeira xornada de PortAmérica na Azucreira de Portas cuns 15.000 asistentes

Derradeira xornada de PortAmérica na Azucreira de Portas cuns 15.000 asistentes

Música, mercado e gastronomía danse cita nesta nova edición deste festival

M-Clan, Loquillo e Bad Gylan despiden un cartel cheo de músicos chegados do outro lado do Atlántico

Unha fin de festa na que colgaron o cartel de completo igual que nos días anteriores

G24.gal 15/07/2023 21:40 Última actualización 15/07/2023 21:53

PortAmérica despídese con moi bo sabor de boca para os seus organizadores.

Tres días de música nun espazo onde non falta de nada. Mercados e gastronomía, premios á solidariedade pero tamén á sostibilidade respecto ao medio ambiente.

E non podía faltar o showrocking onde 30 chefs galardoados agasallan os padais dos asistentes. Este sábado preparando unhas 700 tapas dun menú moi galego feito por un madrileño.

E con todos os ingredentes necesarios, para que non falte de nada, o público goza dun cartel de luxo para rematar esta edición número once.

Enriba destes dous escenarios subirán tamén M-Clan ou Loquillo entre outros. Músicos que conforman un amplo cartel chegados moitos deles dende a outra beira do Atlántico.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade