A derruba dun muro nun camposanto de Barreiros deixa á vista ataúdes e ósos
A derruba dun muro nun camposanto de Barreiros deixa á vista ataúdes e ósos
A veciñanza reclama o traslado do cemiterio, que está cheo de fendas
Indignación e tristura entre a veciñanza de San Cosme de Barreiros logo do derrubamento da parede de catro nichos do cemiterio parroquial, que deixa á intemperie cadaleitos e restos óseos.
Hai anos que advertiron o bispado de Mondoñedo-Ferrol da mala situación do camposanto, onde existe un perigo real de que se afundan máis sepulturas.
Nos nichos que están en pé é posible ver fendas que ameazan con novos derrubamentos.
A parte máis nova, unha ampliación que se fixo nos oitenta, pechouse ao público debido á notable inclinación que presenta.
No ano 2012 estaba previsto que un gasoduto atravesase a carón do cemiterio e xa houbo que desvialo para evitar mover terra.
O problema ten difícil solución e algúns veciños pensan que o mellor sería trasladar o camposanto.