Publicador de contidos
Publicador de contidos

Derruban de xeito controlado parte do viaduto do Castro, na A-6, en sentido Madrid

Derruban de xeito controlado parte do viaduto do Castro, na A-6, en sentido Madrid

Hai dous días comezou a desmontaxe desta parte da ponte

O Ministerio de Transportes ten previsto realizar a demolición dos dous vans e despois da pía intermedia, para poder construír unha nova ponte nesta parte da A-6 en sentido Madrid

G24.gal 03/02/2023 10:42 Última actualización 03/02/2023 11:26

A desmontaxe dos dous vans do viaduto do Castro que quedaban en pé, a do sentido da circulación da Autovía do Noreoeste (A-6) en dirección Madrid, avanzou este venres coa derruba controlada do primeiro deles.  

Igual que ocorrera co van número 2 da ponte e sentido A Coruña, a demolición realizouse cun robot

Asegura o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma), nunha nota de prensa, que neste caso tamén se priorizou ao máximo a seguridade dos traballadores polo que os medios auxiliares necesarios para desmontar ese van vanse situar fóra dos viadutos e serán operados de xeito remoto.

Unha vez que se realice a desmontaxe dos dous vans vaise desmontar a pía intermedia e retirar os restos da estrutura.

Asegura así o Mitma que, deste xeito, póñense en marcha os traballos dirixidos a construción dun novo viaduto en sentido Madrid. O compromiso do Goberno e de que este ano se poida recuperar a circulación na A-6 nese treito no que a circulación ía cara a Madrid poida servir para que non haxa que coller desvíos e se circule por un carril en cada sentido mentres non se repara o caído no mes de xuño.

No mes de novembro pasado o Ministerio publicou un informe sobre a inspección do viaduto do Castro que aflorou unha gran deterioración dos cables ante a ausencia dun sistema eficaz de impermeabilización ao constatar unha degradación dos cables pola filtración de augas con sales fundentes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade