Publicador de contidos
Publicador de contidos

Desactivada a situación 2 no incendio de Caldas de Reis que se estendeu a Vilagarcía

Desactivada a situación 2 no incendio de Caldas de Reis que se estendeu a Vilagarcía

Os veciños axudaron cos seus propios medios para evitar o avance das lapas

G24.gal 05/08/2022 23:01

Desde terra e tamén desde os avións e helicópteros continúan traballando no incendio que comezou en Caldas e se estendeu o de Vilagarcía arrasando 450 hectáreas. Os veciños, exhaustos, despois dunha noite terrible tamén contribúen a arrefriar a zona, cada quen cos medios que pode.  

"Estamos arrefriando porque zonas que onte apagaron hoxe volven arder e se non estás continuamente botando auga derrétense ata as botas" 

"Fixemos unha cadea sobre 50 persoas e entre mangueiras e cubos e os profesionais por outro lado fómolo vencendo, pero aínda segue activo"

O que non van esquecer é o vivido durante a noite.

"Unha alegría que non sufrimos danos porque houbo ata unha explosión de gas e púidonos pasar de todo", relata un mozo.

Todos os veciños desaloxados na noite do xoves ao venres puideron volver as súas casas e non queda ningunha estrada cortada. Medio Rural desactivou na noite deste venres a situación 2 para este incendio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade