Publicador de contidos
Publicador de contidos

Evolución favorable do lume na Barbanza, sen perigo para as vivendas

Evolución favorable do lume na Barbanza, sen perigo para as vivendas

Arderon 2.200 hectáreas entre os concellos de Boiro, Ribeira, A Pobra e Porto do Son

Os equipos de extinción céntranse agora en arrefriar as zonas xa queimadas

G24.gal 07/08/2022 21:08 Última actualización 07/08/2022 21:30

Medio Rural informou ás oito da tarde de que xa non hai risco para os núcleos de poboación. Os traballos céntranse agora en refrescar as zonas que xa foron queimadas.

"Estamos controlando todas as zonas de núcleos de poboación para que non exista ningún tipo de reprodución", asegura Óscar Casais, sarxento do parque de bombeiros de Ribeira.

Segundo informou Protección Civil, houbo pequenos conatos en varios puntos do concello da Pobra e na parroquia de Oleiros, no concello de Ribeira, pero todos eles sufocáronse axiña. Arderon 2.200 hectáreas, repartidas entre os  municipios de Boiro, Ribeira, Porto do Son e a Pobra. Nos montes da Curota,  unha das zonas máis afectadas, o panaroma é este.

"Está todo queimado desde abaixo, desde Moldes. Eu veño subindo desde alí e vendo ambas as dúas marxes da estrada, e está todo queimado, non vexo nada verde", asegura un ciclista.

A preocupación está agora nas consecuencias que pode ter a cinsa para os bancos marisqueiros da ría da Arousa.


"No 2006 tivo unhas consecuencias enormes para o marisqueo, porque despois viñeron as choivas, e se non se controla acaba morrendo todo o marisco", explica Rosario Varela. concelleira de Promoción Económica da Pobra do Caramiñal.

No cámping de Oleiros, en Ribeira, onde desaloxaron 700 persoas hospedadas, intentan volver á normalidade.

"Empezar co acondicionamento desta zona de parcelas, que esperemos que mañá ou pasado estea xa operativa", di Anxo Rodríguez, xerente do cámping Ría da Arousa.


"O cámping aínda se pode usar, é unha mágoa que non haxa tanta xente e tanto movemento, pero eu espero que a xente volva", di unha turista.


No cámping arderon nove autocaravanas. Polo momento non teñen unha avaliación total dos danos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade