Desaloxada de madrugada unha familia en Pazos de Borbén tras comezar a arder o garaxe da casa
Desaloxada de madrugada unha familia en Pazos de Borbén tras comezar a arder o garaxe da casa
Calcinou por completo os dous vehículos que había no garaxe e outros obxectos
Incendio esta madrugada nunha casa do concello pontevedrés de Pazos de Borbén que tivo que ser desaloxada. Non houbo feridos, pero si se rexistraron danos materiais importantes.
Sucedeu pasadas as cinco da madrugada. Os propietarios da vivenda escoitaron ruídos estraños. Pensaron que alguén entrara roubar, pero pronto se decataron de que había lume no garaxe.
O lume volveuse moi virulento. Calcinou por completo os dous vehículos que había no garaxe e outros obxectos.
A parella saíu axiña da casa cos seus fillos de 12 e 16 anos. O fume propagouse axiña pola vivenda, polo que unha vez extinguido o lume tiveron que agardar a que estivese perfectamente ventilado para volver entrar.
Os bombeiros tardaron en extinguir o lume, que de momento aínda se está a investigar como se orixinou.