Publicador de contidos
Publicador de contidos

Desaloxan un edificio en Pontevedra por un incendio no garaxe

Desaloxan un edificio en Pontevedra por un incendio no garaxe

O lume orixinouse nun coche que minutos antes o propietario aparcara nun dos sotos

Os veciños puideron vovler ás casas, pero seguen sen auga, ao afectar as lapas a tubaxe

G24.gal 26/09/2024 13:59

Un incendio nun garaxe en Pontevedra obrigou a desaloxar os veciños dun edificio. Foi na tardiña de onte e o lume comezou nun coche que minutos antes o propietario aparcara nun dos sotos.

Os veciños dun edificio da rúa Loureiro Crespo aínda se están a recuperar do susto. Tiveron que ser desaloxados, pois estaba a arder un coche nun dos sotos do garaxe.

"O vehículo localizouse cunha cámara térmica moi pronto e a extinción tamén se realizou moi rápido. O maior problema foi a ventilación porque todos estes elementos fan de cheminea e o fume o que fai é ir a zonas que están limpas o que pode provocar situacións de risco" explica Vicente Ferrería, xefe do corpo de bombeiros do Concello de Pontevedra.

Pronto puideron sufocar as lapas e os veciños volveron ás súas casas pasadas as dez e media da noite, sen lamentar danos persoais. O incendio si calcinou o coche no que se orixinou o lume e outro vehículo estacionado ao lado. Pero tamén a tubaxe da auga se viu afectada. 

Parece que polo de agora terán que seguir sen auga, polo menos mentres que a Policía Científica non remate o seu traballo para saber as causas do lume e un perito valore os danos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade