Desaloxan varias persoas no incendio dun edificio ocupado en Ourense
Desaloxan varias persoas no incendio dun edificio ocupado en Ourense
As chamadas de veciños avisaron os servizos de emerxencias das lapas no inmoble situado na zona do Posío
Un incendio, do que polo momento se descoñecen as súas causas, afectou a un edificio da rúa García Mosquera, na zona do Posío en Ourense.
Varios particulares avisaron das lapas ao 112, que mobilizou os Bombeiros de Ourense, as urxencias sanitarias, Policía Nacional e Policía Local que acudiron ao lugar.
Os veciños do inmoble quedaron atrapados no seu interior e precisaron a axuda dos bombeiros para desaloxalo. Mesmo desde a rúa algunhas persoas pedíanlles que saltaran polas fiestras tras quedar atrapados polo lume e ante a virulencia das lapas e o intenso fume. Pero os bombeiros lograron poñer unha escada a tempo para que puidesen saír.
Os veciños da zona aseguran que no edificio había okupas, o que sucedía de xeito habitual.