Publicador de contidos
Publicador de contidos

Atopan restos do avión en que viaxaba o millonario alemán Schaller e a súa familia

Atopan restos do avión en que viaxaba o millonario alemán Schaller e a súa familia

Rainer Shaller é o fundador dos ximnasios McFit, con 250 centros en Europa, dous deles en Galicia

O aparello viaxaba de México a Limón e o contacto por radio co aeroporto de Barra de Parismina cesou de xeito repentino o venres pola tarde

 

O modelo de avión Piaggio 180 en que viaxaba a familia /Arquivo O modelo de avión Piaggio 180 en que viaxaba a familia /Arquivo
G24.gal 22/10/2022 16:28 Última actualización 22/10/2022 19:58

As autoridades de Costa Rica localizaron este sábado no mar Caribe restos dun jet privado en que viaxaban cinco pasaxeiros alemáns e que desapareceu dos radares o venres pola noite.

O 28 quilómetros do aeroporto de Limón os equipos de rescate divisaron restos aparentemente indican que é a aeronave desaparecida, asegurou o viceministro de Segurdiade costarricense. Polo de agora non atoparon corpos ou persoas con vida.

Entre os tripulantes estaba o millonario e fundador da cadea de ximnasios McFit, Rainer Shaller, a súa parella e os seus fillos, ademais doutro home.

A aeronave executiva procedente de México rumbo a Limón perdeu o contacto coa torre de control do aeroporto Juan Santamaría o venres pola tarde mentres voaba pola zona de Parismina no Caribe costarricense.

As autoridades comezaron a busca tanto no propio país coma nos veciños para verificar datos coa participación de Gardacostas e de Vixilancia Aérea.

Shaller fundou a cadea Mc Fit en 1996 e conta xa con 250 ximnasios en Europa, dous deles en Galicia, (A Coruña e Vigo). É o máximo responsable tamén do festival de música Loveparade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade