Publicador de contidos
Publicador de contidos

Desartellado un grupo criminal de ciberestafa a raíz dunha denuncia en Arteixo

Desartellado un grupo criminal de ciberestafa a raíz dunha denuncia en Arteixo

A empresa denunciou que lle estafaron máis de 20.000 euros

Hai unha muller detida en Segovia e outra investigada en Barcelona

G24.gal 11/11/2021 13:01

Desartellado un grupo criminal de estafas telemáticas grazas a unha denuncia presentada en Arteixo. A demanda interpúxoa unha empresa á que os ladróns lle estafaron máis de 20.000 euros. Para iso empregaron o coñecido como método factura. Instalaron no ordenador da vítima un programa espía para suplantar a súa identidade e desviar diñeiro a outras contas.

A operación rematou cunha persoa detida en Segovia e outra investigada en Barcelona. Ademais de identificar os estafadores, o Equipo Arroba da Garda Civil, especializado en ciberdelincuencia, logrou recuperar o diñeiro.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade