Publicador de contidos
Publicador de contidos

Descarrila un tren entre Ferrol e Ortigueira por un desprendemento de terra na vía

Descarrila un tren entre Ferrol e Ortigueira por un desprendemento de terra na vía

No vagón accidentado viaxaban catro pasaxeiros, que quedaron ilesos

G24.gal 05/01/2024 20:15

A circulación ferroviaria entre Ferrol e Ortigueira permanece interrompida debido a un desprendemento de terra que provocou o descarrilamento do primeiro vagón dun tren, segundo confirmou Adif. O tren afectado cubría a ruta entre Ribadeo e Ferrol e no vagón accidentado viaxaban catro pasaxeiros que resultaron ilesos.

Sobre as 18:10 horas, o 112 Galicia recibiu unha chamada por parte do centro de control de Renfe, que daba aviso deste incidente. En concreto, sinalaba que un tren descarrilara nas proximidades do apeadeiro de Lamas, á altura do lugar de Fabal, en San Sadurniño. 

Os Bombeiros do Eume e a Garda Civil foron informados polo 112 Galicia ao ter coñecemento dos feitos. Así mesmo, Adif comunicou que o seu persoal encárgase de trasladar aos pasaxeiros coa axuda doutro convoi, ademais de levar a cabo os labores de remolque do tren e de tratar de restablecer a circulación "o máis axiña posible".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade