Publicador de contidos
Publicador de contidos

Baixa a presión hospitalaria en España malia o aumento da incidencia

Baixa a presión hospitalaria en España malia o aumento da incidencia

Galicia é a única comunidade que mantén as restricións covid

O descenso da taxa nas UCI descende medio punto

G24.gal 25/03/2022 17:21

A  transmisión do coronavirus aumentou desde o martes en 25 puntos ata os 461 casos de incidencia acumulada, así como o número de novas infeccións covid, que soben ás 72.892, aínda que os ingresos hospitalarios seguen en retroceso.

Desde o pasado martes rexistrouse un ascenso na transmisión, cun aumento en todos os indicadores, tamén na incidencia nos últimos 7 días, que pasa de 209 casos a 227.

Con todo, continúa o descenso nos rexistros hospitalarios con 42 pacientes críticos menos nas unidades de coidados intensivos e unha ocupación que baixa do 6,06 % ao 5,59 %, cun total, actualmente, de 510 ingresados.

Mesma tendencia entre os ingresados por covid en planta, con 189 pacientes menos (4.497 en total en toda España) e unha taxa que baixa do 3,7 % ao 3,6 %.

As comunidades comunicaron desde o luns 337 decesos, que aumentan a 102.392 os óbitos en toda a pandemia e a 15.475 desde que comezou a sexta onda a mediados de outubro.

Galicia é a única comunidade que mantén restricións por covid

Mentres o resto de comunidades comezan a camiñar cara á antiga normalidade, en Galicia mantéñense algunhas restricións específicas de contención do coronavirus. Estas medidas prorrogáronse ata, polo menos, o próximo 9 de abril.

En Galicia continúa sendo obrigatorio presentar o pasaporte covid para visitar pacientes ingresados en centros hospitalarios e sociosanitarios. Ademais, tamén se mantén a limitación de ocupación na hostalería, fixada en grupos de 10 persoas no interior e 20 persoas nas terrazas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade