Publicador de contidos
Publicador de contidos

Baixan un 17 % as matriculacións de vehículos a gasóleo

Baixan un 17 % as matriculacións de vehículos a gasóleo

Dispáranse as vendas dos híbridos de gasolina, en detrimento dos coches con motor diésel

Félix Aragunde 18/10/2024 20:18 Última actualización 18/10/2024 20:41

Os datos interanuais de setembro apuntalan unha tendencia que xa se viña evidenciando nos últimos anos. As vendas de vehículos con motorización diésel descenderon un 17 por cento con respecto ao mesmo mes en 2023.

Con todo, o descenso no ámbito autonómico resulta menos drástico ca no estatal, onde agora xa só se venden tres de cada catro vehículos diésel que si tiñan saída hai un ano. De feito, o mercado galego é o que máis se resiste a prescindir do motor de gasóleo.

Roberto Lucas, xerente dun concesionario: "O mercado de diésel acábase. Os fabricantes deixan de fabricar e o consumidor deixa de demandar. Vén relacionado cos sistemas anticontaminación, que son moi complexos e fan moita incidencia no diésel".

Se a finais da década pasada, máis da metade dos coches novos eran de gasóleo, hoxe en día a situación inverteuse. Os vehículos híbridos, microhíbridos e eléctricos xa acaparan a maior parte do mercado.

Genaro Saavedra, xerente dun concesionario: "Vendemos un 90 por cento de motores de gasolina hibridados. O resto son vehículos eléctricos ou híbridos enchufables cunha autonomía eléctrica de ata 70 quilómetros".

Ante este panorama, cada vez fabrícanse menos coches con motor diésel. Queda reservado, sobre todo, para os vehículos de alta gama máis pesados.

A demanda do motor diésel vaise restrinxindo aos vehículos pesados de alta gama A demanda do motor diésel vaise restrinxindo aos vehículos pesados de alta gama
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos