Atopan 5 anacos do submarino Titan e dáse por seguro que implosionou
Atopan 5 anacos do submarino Titan e dáse por seguro que implosionou
A compañía organizadora da viaxe ve moi complicado que poidan recuperarse os corpos dos 5 participantes na expedición
A Garda Costeira dos EUA anunciou este xoves que atopou "un campo de restos" preto da zona onde están os restos do Titanic e onde se están levando a cabo os labores de procura para achar o somerxible Titan desparecido con cinco persoas a bordo.
A Garda Costeira dos EUA ten previsto dar unha conferencia de prensa hoxe ás 15.00 hora local (19.00 GMT) para ofrecer máis detalles.
A procura do somerxible Titan, que desapareceu o pasado domingo mentres tentaba chegar aos restos do Titanic, seguiu con intensidade este xoves a pesar de que, segundo os cálculos da Garda Costeira, podería estar xa sen osíxeno.
O contraalmirante John Mauger, da Garda Costeira, afirmou este xoves nunha entrevista con NBC que a procura e o rescate continúan.
Persoal médico e embarcións de alta tecnoloxía sumáronse á operación nas últimas horas.
O martes, o contraalmirante da Garda Costeira indicou que ao somerxible só lle quedaban 40 horas de osíxeno, polo que o límite se cumpriu na mañá deste xoves.
Ademais, a tripulación conta con racións limitadas de comida.
Na procura están a participar efectivos e recursos dos Estados Unidos, O Canadá, Francia e o Reino Unido, con avións, embarcacións e drons submarinos.