Publicador de contidos
Publicador de contidos

Desde o PP din que Sumar é unha "marca branca" de Pedro Sánchez

Desde o PP din que Sumar é unha "marca branca" de Pedro Sánchez

Elías Bendodo asegura que no Goberno e na esquerda "non hai nada que sume, senón que todo resta e divide"

G24.gal 02/04/2023 15:38 Última actualización 02/04/2023 15:51

O coordinador xeral do PP, Elías Bendodo, sostén que Sumar é "unha resta para España" e "unha marca branca" de Sánchez. Considera que Yolanda Díaz e o líder do PSOE forman un tándem e que comezan "a paus contra Podemos", manipulando os datos do CIS.

"Mire, Sumar é unha resta para España. Pero que queren sumar, que queren sumar? Queren sumar outra lei daniña do só si é si? Queren sumar máis paro (aí están as cifras), máis dispendio? Podemos non vai ir hoxe á posta de longo. Por que? Porque evidentemente Sánchez e Yolanda a primeira decisión que tomaron conxunta os dous é manipular o CIS en contra de Podemos. Primeiro capítulo dese tándem".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade