Desestiman a demanda do pai de Pablo Iglesias contra Cayetana Álvarez de Toledo
Desestiman a demanda do pai de Pablo Iglesias contra Cayetana Álvarez de Toledo
Contra a sentenza xudicial cabe a posibilidade de presentar recurso ante a Audiencia Provincial de Zamora
O pai de Pablo Iglesias perde a demanda contra Cayetana Álvarez de Toledo por chamarlle terrorista. Álvarez de Toledo referírase a Iglesias como "o fillo do terrorista" polo pasado que o pai de Pablo Iglesias tivo na FRAP, unha organización armada á que se lle atribúen varios asasinatos.
O pai de Iglesias dixo que abandou esta organización antes da deriva terrorista. A sentenza considera que debe prevalecer o dereito á liberdade de expresión e condena o pai de Pablo Iglesias ao pagamento das custas.
O Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número tres de Zamora emitiu unha sentenza pola que desestima a demanda contra a deputada nacional do PP e exvoceira do seu grupo no Congreso dos Deputados, Cayetana Álvarez de Toledo, por suposta intromisión do dereito á honra do pai do exvicepresidente do Goberno Pablo Iglesias.
Contra a sentenza xudicial cabe a posibilidade de presentar recurso ante a Audiencia Provincial de Zamora.
A maxistrada que emite a sentenza recoñece que a protección do dereito á honra debe prevalecer fronte á liberdade de expresión cando se empreguen frases e expresións ofensivas sen relación coas ideas e opinións que se expoñan, pero ao analizar a entrevista no seu conxunto entende que non se alude a que o pai de Pablo Iglesias participara de xeito activo en asasinatos ou actos violentos.
Segundo a resolución xudicial, o exposto por Álvarez de Toledo está baseado en manifestacións previas do propio Pablo Iglesias e o seu pai e a entrevista debe ser valorada "no seu conxunto e non de forma illada". Explica que antes da expresión final "fillo de terrorista" Cayetana xustifica antes e despois desa expresión, os motivos que a levan a esta conclusión.