Desestiman o recurso dos policías filipinos pola morte de Diego Bello para evitar a súa orde de arresto

O gobernador dunha provincia filipina podería estar involucrado no crime
A familia do mozo coruñés vai presentar un recurso para que trasladen o caso a un xulgado de Manila
O avogado da familia de Diego Bello soubo este venres a través do cónsul español, co que mantén unha xuntanza semanal, que o recurso presentados polos tres axentes implicados na morte do mozo coruñés para evitar que se executase a súa orde de arresto fora desestimado.
Malia que só están investigados tres policías filipinos polo tiroteo que acabou coa vida de Diego o 8 de xaneiro de 2020, algunhas fontes sosteñen que tamén estaría involucrado o gobernador da provincia de Camarines Sur e propietario dun local en Siargao, onde Diego era propietario dun bar.
Fontes próximas á investigación si nos confirmaron que, cinco meses antes do crime, este político filipino ameazou de morte a Diego coa escusa de que a música do seu local estaba demasiado alta.
Con todo isto, cren que cada vez están máis preto de lle facer xustiza a Diego.