Cargando resultados...
Desmantelada unha rede de fraudes bancarias a través de Internet na Coruña
O valor da estafa supera os 50.000 euros
O grupo operaba dende un locutorio
G24.gal
30/12/2023 14:03
Última actualización 30/12/2023 17:05
A Garda Civil da Coruña desmantelou unha estrutura delituosa, con conexións en América Latina, dedicada a fraudes bancarias a través do correo electrónico.
O valor da estafa supera os 50.000 euros e entre as vítimas hai residentes na Coruña, Navarra, Valencia, Alacante e unha empresa italiana.
Detiveron catro persoas que operaban desde un locutorio da cidade herculina. A técnica principal utilizada por este grupo era a da coñecida como "fraude da factura do Ministerio do Interior".