Publicador de contidos
Publicador de contidos

Engala a misión Juice a Xúpiter e ás súas tres grandes lúas oceánicas

Engala a misión Juice a Xúpiter e ás súas tres grandes lúas oceánicas

Juice vai equipada con dez instrumentos de última xeración e tardará oito anos ata chegar ao xigante gasoso

 

G24.gal 14/04/2023 16:23 Última actualización 14/04/2023 17:11

O foguete Ariane 5 engalou este venres desde o porto espacial en Kurú, na Güiana Francesa ás 12:14 GMT, transportando a misión europea Juice ao planeta Xúpiter e ás súas tres grandes lúas oceánicas.

Despois do atraso que sufrira este xoves pola meteoroloxía adversa, Juice emprende agora unha longa e complicada viaxe de oito anos ata chegar ao xigante gaseoso Xúpiter e aos seus satélites Calisto, Europa e Ganímedes para estudar se reúnen condicións de habitabilidade. Juice vai equipada con dez instrumentos de última xeración.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade