Cargando resultados...
Despiden o candidato á presidencia do Ecuador asasinado o mércores
Despiden o candidato á presidencia do Ecuador asasinado o mércores
Amnistía Internacional pide protección dos dereitos humanos cara ás eleccións do día 20
G24.gal
12/08/2023 14:06
Última actualización 12/08/2023 14:33
O Ecuador despediu o candidato á presidencia do país asasinado o mércores, Fernando Villavicencio.
Amnistía Internacional expresou a súa preocupación pola violencia no país e pediulles ás autoridades que protexan os dereitos humanos cara ás eleccións do día 20.
Catro dos sete candidatos aínda en liza asinaron unha proposta contra o crime. Os asinantes e o resto de aspirantes a presidir Ecuador prepáranse para participar mañá no único debate da campaña electoral.