Destruído un edificio no centro de Zaporijia tras un novo ataque con mísiles
Destruído un edificio no centro de Zaporijia tras un novo ataque con mísiles
A axencia de noticias ucraína Ukrinform sinala que está destruído un edificio de varias plantas e hai vítimas
Un edificio de varios pisos foi destruído no centro de Zaporijia como resultado dun novo ataque con mísiles esta noite no centro da cidade, informou en Telegram o xefe da administración militar da cidade, Oleksandr Starukh, e recolle a axencia de noticias ucraína Ukrinform.
Os informes sinalan que se viu afectado un edificio residencial de varias plantas "que volveu ser destruído, e hai vítimas".
"O terror do inimigo continúa. Como resultado do ataque con mísiles no centro de Zaporijia, un edificio residencial de varios pisos foi destruído de novo. Hai vítimas", escribiu Starukn.
O xefe da administración militar sinala que no lugar da traxedia traballan actualmente socorristas, médicos e todos os servizos pertinentes.