Publicador de contidos
Publicador de contidos

Fan estoupar un sexto paquete con material pirotécnico na embaixada dos EUA

Fan estoupar un sexto paquete con material pirotécnico na embaixada dos EUA

Son sobres de cor marrón con "similares características", entre elas a coincidencia na caligrafía

Houbo envios á Moncloa dirixidos a Pedro Sánchez e outro ao Ministerio de Defensa, dirixido a Margarita Robles

Axentes de policía na contorna da embaixada ucraína, este mércores. (EFE/ Fernando Villar)
G24.gal 01/12/2022 14:37 Última actualización 01/12/2022 20:44

Especialistas en explosivos da Policía Nacional fixeron estoupar un paquete con material pirotécnico dirixido á embaixada dos Estados Unidos.

En concreto, foi interceptado sobre as 12.30 horas no filtro de seguridade da legación e activouse o protocolo policial pertinente.  

Este é o sexto paquete de "características similares" enviados na última semana, segundo informou o Ministerio do Interior. 

O resto dos sobres chegaron á presidencia do Goberno, á ministra de Defensa, a unha fábrica de armas en Zaragoza, á base de Torrexón de Ardoz, en Madrid e á embaixada de Ucraína en España, onde provocou un ferido. 

Os primeiros datos da investigación apuntan a que os envíos se levaron a cabo desde España e que no interior hai un artefacto caseiro para provocar unha "deflagración con lapa súbita".  

Así o confirmou este xoves nunha comparecencia de prensa o secretario de Estado de Seguridade do Ministerio do Interior, Rafael Pérez, reiterando en varias ocasións que están na fase preliminar da investigación e que, por tanto, hai que ser prudentes cando se apunta a autorías ou se pode haber máis paquetes similares.  

O Xulgado Central de Instrución número 4 da Audiencia Nacional asumiu a investigación. 

Ata este xoves ao mediodía tense constancia de seis paquetes, incluíndo o da Embaixada. Son sobres de cor marrón con "similares características", entre elas a coincidencia na caligrafía.   O primeiro que se remitiu, segundo se soubo hoxe, foi localizado o pasado 24 de novembro no Palacio da Moncloa. Ía remitido ao presidente do Goberno e foi deflagrado polo servizo de seguridade de Presidencia.  

Unha semana despois, onte 30 de novembro, chegou outra carta con material pirotécnico dentro dunha caixa que defragou ferindo nunha man a un empregado da Embaixada de Ucraína en Madrid. O sobre ía dirixido ao embaixador, Sergei Pohoreltsev.

Pola noite confirmouse a recepción doutra carta remitida ao director da empresa Instalaza en Zaragoza, que envía material de defensa a Ucraína.  

Este xoves pola mañá detectouse de madrugada na base aérea de Torrexón, dirixida ao director do Centro de Satélites da Unión Europea, outro sobre, que é o único que non se detonou de forma controlada polos TEDAX, polo que pode resultar clave na investigación.  

O quinto confirmado foi enviado ao Ministerio de Defensa á atención da ministra, Margarita Robles.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade