Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detectan un gromo de varíola do mono en Barcelona, con seis casos en xullo e agosto

Detectan un gromo de varíola do mono en Barcelona, con seis casos en xullo e agosto

As auoridades aseguran que son casos puntuais e estiman que non chegará a haber unha propagación coma a do ano pasado

G24.gal 18/08/2023 12:17

A Axencia de Saúde Pública de Barcelona declarou un gromo de varíola do mono (Mpox) na cidade, por mor da detección de seis casos no último mes, sen ningunha relación epidemiolóxica entre eles.

Dous dos casos detectáronse en xullo e os outros catro en agosto, e parece que as persoas afectadas se contaxiaron fóra de Cataluña, segundo avanzou El Periódico.

En declaracións a RAC-1, o subdirector xeral de Vixilancia e Resposta de Emerxencias de Saúde Pública da Generalitat, Jacobo Mendioroz, asegurou este venres que son casos puntuais e estimou que non chegará a haber unha propagación coma a do ano pasado, cando se detectaron máis de 2.000 casos de varíola do mono en Cataluña.

A varíola do mono é unha enfermidade producida por un virus da familia da varíola que desde o 23 de xullo de 2022 ata o pasado 11 de maio de 2023 constituíu unha Emerxencia de Saúde Pública de Importancia Internacional polo gromo ocorrido a nivel mundial durante eses meses.

Transmítese sobre todo nas relacións sexuais e o seu principal síntoma son lesións cutáneas.

A prevención mediante a vacinación é unha das medidas máis importantes para evitar a enfermidade, reducir os seus síntomas e limitar a transmisión.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos