Publicador de contidos
Publicador de contidos

O CSIC descarta que o bólido que sobrevoou o leste peninsular sexa un mísil

O CSIC descarta que o bólido que sobrevoou o leste peninsular sexa un mísil

Consideran que máis ben poderían ser restos de foguetes espaciais ou de satélites 

G24.gal 30/03/2024 15:23 Última actualización 30/03/2024 22:46

O Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC) descartou que o bólido que sobrevoou na noite do venres o leste peninsular ata perderse no mar ao sur da Comunidade Valenciana sexa un mísil, como se barallou nun primeiro momento.

Un equipo do Instituto de Ciencias do Espazo ICE-CSIC rexeitou esta posibilidade tras analizar con detalle as imaxes e medicións tomadas, indica nun comunicado este organismo.

"Os datos preliminares obtidos ata o momento fannos decantarnos porque o bólido fora producido pola reentrada dun obxecto artificial en órbita terrestre", como poderían ser satélites ou restos de foguetes espaciais, indicou o astrofísico Josep María Trigo, do ICE.

O bólido, denominado polo ICE-CSIC como SPMN290324ART, sobrevoou o venres á noite o espazo español e foi gravado e fotografado por numerosos afeccionados á astronomía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade