Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detectan unha bola de lume sobrevoando o ceo do Golfo de Cádiz a 69.000 km/h

Detectan unha bola de lume sobrevoando o ceo do Golfo de Cádiz a 69.000 km/h

Foi observado por testemuñas de Andalucía e Estremadura principalmente

 Extinguiuse a unha altitude duns 44 quilómetros sobre o mar

Fotograma do vídeo difundido polo astrofísico José María Madiedo, investigador do Instituto de Astrofísica de Andalucía (IAA-CSIC) e director do proxecto SMART Fotograma do vídeo difundido polo astrofísico José María Madiedo, investigador do Instituto de Astrofísica de Andalucía (IAA-CSIC) e director do proxecto SMART
G24.gal 04/10/2022 23:59

Os detectores que operan no marco do proxecto SMART desde os observatorios astronómicos de Huelva, La Hita (Toledo), CAHA, OSN, La Sagra (Selecta) e Sevilla gravaron o paso dunha bóla de lume sobre o Golfo de Cádiz a 69.000 quilómetros por hora.

Segundo informou o astrofísico José María Madiedo, investigador do Instituto de Astrofísica de Andalucía (IAA-CSIC) e director do proxecto SMART, esta bóla de lume foi gravada este martes ás 21:04 horas e por mor da súa alta luminosidade, púidose ver desde máis de 700 quilómetros de distancia.

Este bólido puido ser observado tamén por multitude de testemuñas que se fixeron eco do fenómeno en redes sociais; a maioría destas persoas atopábanse en Andalucía e Estremadura.

Os cálculos realizados mostran que a rocha que provocou este fenómeno procedía dun asteroide e entrou na atmosfera da Terra a unha velocidade duns 69.000 quilómetros por hora. Ao chocar bruscamente contra o aire a esta gran velocidade, a superficie da roca quentouse e volveuse incandescente; xerouse así unha bóla de lume que se iniciou a unha altitude duns 84 quilómetros sobre o Golfo de Cádiz, preto do estreito de Xibraltar.

Desde ese punto avanzou en dirección noroeste e extinguiuse a unha altitude duns 44 quilómetros sobre o mar; ao longo da súa traxectoria, mostrou multitude de explosións que provocaron aumentos súbitos da súa luminosidade que se deberon a diversas rupturas bruscas da rocha.

O proxecto SMART (Spectroscopy of Meteorids in the Athmosphere by means of Robotic Technologies) ten como principal obxectivo analizar a materia interplanetaria que impacta contra a Terra. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade