Publicador de contidos
Publicador de contidos

Violación grupal en Burjasot, un feito non tan illado; soben as denuncias por agresións sexuais a menores

Violación grupal en Burjasot, un feito non tan illado; soben as denuncias por agresións sexuais a menores

Os expertos alertan da necesidade de educar no uso responsable das redes sociais

G24.gal 19/05/2022 14:59

Os cinco menores detidos polas supostas agresións sexuais a dúas nenas na localidade valenciana de Burjasot pasaron xa a disposición xudicial.

Os feitos ocorreron despois de que as menores, de 12 e 13 anos, contactaran cos mozos a través das redes sociais. Supostamente un deles agrediu sexualmente unha das nenas, pero finalmente conseguiu escapar. A outra menor violárona en grupo.

A investigación policial que se abriu despois de que os pais dunha das nenas presentara a correspondente denuncia, conseguiu localizar e deter aos supostos agresores. Son cinco mozos, todos eles tamén menores, que terán que declarar ante a Fiscalía.  

Agresións coma esta non son un feito illado. Os datos reflicten que as violacións a menores aumentaron un 10 % no último ano. En 2021 denunciáronse un total de 2.143 agresións sexuais, unha cada catro horas segundo a Fundación ANAR.

Os expertos din que a clave para evitar estas agresións está na educación responsable no uso das redes sociais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade