Publicador de contidos
Publicador de contidos

Deteñen dous homes en Vigo por fotografar bañistas, incluídos menores, en dúas praias

Deteñen dous homes en Vigo por fotografar bañistas, incluídos menores, en dúas praias

Os dous sospeitosos foron arrestados pola policía por tomar fotos na praia de Samil e noutra nudista próxima ao Vao

G24.gal 28/08/2024 11:13 Última actualización 28/08/2024 11:36

O Xulgado de Instrución 7 de Vigo investiga dúas persoas que foron detidas pola Policía Nacional por, supostamente, tomar fotos dos bañistas, incluídos menores, na praia de Samil e noutro areal, nudista, próximo á praia do Vao.

Os propios bañistas deron a voz de alarma, porque estaba a pé de praia e porque era moi evidente que estaba fotografando co seu móbil os bañistas, sobre todo as mulleres.

O outro home foi detido no areal de Samil. Aquí os axentes comprobaron que había fotografías a homes e mulleres, e algún que outro menor aínda que en segundo termo.

Ambas persoas foron detidas e trasladadas ata as dependencias da comisaría de Vigo onde pasaron a noite antes de pasar a disposición xudicial.

Estas dúas persoas quedaron en liberdade, pero están a ser investigados por un posible delito contra a intimidade, concretamente por descubrimento e revelación de segredos, que entre outras cousas castiga con ata catro anos de cadea e cunha multa a quen teña intención de vulnerar a intimidade doutra persoa sen o seu consentimento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar