Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ingresa en prisión o home acusado de provocar o incendio que arrasou a casa da súa veciña en Boborás

Ingresa en prisión o home acusado de provocar o incendio que arrasou a casa da súa veciña en Boborás

As lapas queimaron os cans que estaban no interior da vivenda

O lume tamén afectou á vivenda do suposto autor

G24.gal 15/04/2023 21:27 Última actualización 16/04/2023 09:06

Un home de 66 anos foi detido por provocar o incendio que arrasou a vivenda da súa veciña o sábado pola tarde en Boborás.

Despois de prestar declaración, na que recoñecía selo autor do lume, ingresaba en prisión.

Foi no pequeno núcleo de San Bartolomeu. A vivenda, de madeira no interior, ardeu rapidamente. Afortunadamente non había ningunha persoa dentro no momento do incendio, pero si faleceron os cans da familia. No lume tamén resultou afectada a vivenda do detido.

A central de Emerxencias 112 recibiu o aviso do lume que afectaba unha vivenda do lugar de San Bartolomeu en Cameixa, no concello de Boborás, contra as nove da noite.

Solicitaron a colaboración de Urxencias sanitarias do 061, dos bombeiros do Carballiño, do GES de Avión, da Garda Civil e dos voluntarios de Protección Civil de Boborás. O distrito forestal da zona tamén colaborou na extinción das lapas.

A muller propietaria da casa, sufriu unha crise nervosa tras lembrar que perdeu ademais das mascotas todos os seus enseres persoais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade