Deteñen na localidade de Salou un dos fuxitivos máis buscados pola policía francesa
Deteñen na localidade de Salou un dos fuxitivos máis buscados pola policía francesa
O detido era o xefe dunha banda criminal que controlaba o tráfico de drogas en Marsella
A policía buscábao desde marzo do 2023, cando conseguiu fuxir dunha operación policial en Francia
É o momento da detención nun bar de Salou dun dos fuxitivos máis buscados pola policía francesa. É o principal líder dunha banda de narcotraficantes que controlaba a venda de drogas nos principais puntos comerciais de Marsella e que exportaba cánnabis a España. Contra el había unha orde europea de detención e entrega.
"Exportaba cánnabis e facíao cun grande arsenal de armas e guerra. A dificultade da localización deste fuxitivo débese a que empregaba ata catro identidades falsas e a que tiña unha ampla rede de apoios", explica a portavoz da Policía Nacional.
A investigación comezou cando a policía tivo coñecemento da súa fuxida de Marsella tras escapar dunha operación policial o ano pasado. Enfróntase a unha posible condena de 10 anos de cárcere por tráfico de drogas, tenza ilícita de armas, delitos contra a orde e a seguridade pública e pertenza a organización criminal.