Cargando resultados...
Deteñen o presunto autor do roubo da campá de San Pedro de Leixa, en Ferrol
Deteñen o presunto autor do roubo da campá de San Pedro de Leixa, en Ferrol
O roubo cometeuse o pasado 26 de novembro, aínda que poucos días despois a campá xa fora localizada nunha silveira do polígono do Río do Pozo
G24.gal
24/12/2021 11:47
Grazas á colaboración cidadá, a Policía Nacional conseguiu deter o autor do roubo da campá da igrexa de San Pedro de Leixa, en Ferrol.
O roubo cometeuse o pasado 26 de novembro, aínda que poucos días despois a campá xa fora localizada nunha silveira do polígono do Río do Pozo. O testemuño de varias persoas, que declararon que viran un home que a transportaba nunha bicicleta, foi de grande axuda para os investigadores. Segundo os axentes, o presunto autor do roubo é un coñecido delincuente habitual da comarca.