Publicador de contidos
Publicador de contidos

Deteñen un home acusado de matar a nai e o irmán en Mallorca

Deteñen un home acusado de matar a nai e o irmán en Mallorca

Atopáronse os dous cadáveres con signos de violencia; o da muller, queimado nunha fogueira

G24.gal 29/04/2024 16:13 Última actualización 29/04/2024 18:58

A Policía Nacional detivo este luns un home de 50 anos como principal sospeitoso do dobre homicidio da súa nai e dun irmán nunha leira rústica nos arredores de Manacor, en Mallorca.

Na propiedade atoparon dous cadáveres con signos de violencia; o da muller, queimado nunha fogueira.

O suceso descubriuse esta mañá, pouco despois das 9:00 horas.

Os Bombeiros de Mallorca acudiron ata a leira despois de que uns veciños alertasen sobre o que parecía unha queima de restrollos e tamén se dirixiron ao lugar axentes da Policía Nacional.

Á súa chegada, os policías atoparon no exterior dunha caseta de campo o home de 50 anos, que arremeteu contra eles cun bote de gasolina e un facho artesanal, polo cal foi inmobilizado e detido.

Nesta leira rústica vivían a nai e un irmán do arrestado.

Os bombeiros e os policías acharon os restos dunha muller nunha fogueira, mentres que no interior da vivenda foi localizado o cadáver dun home; ambos presentaban signos de violencia.

O detido atópase ingresado nun centro médico á espera do seu traslado á comisaría de Manacor como presunto autor de dous delitos de homicidio contra o seu irmán e a súa nai.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade