Publicador de contidos
Publicador de contidos

Deteñen un home en Amoeiro por pegarlle a un veciño cunha pedra

Deteñen un home en Amoeiro por pegarlle a un veciño cunha pedra

A vítima tivo que ser hospitalizada cunha clavícula rota

G24.gal 22/08/2024 15:48 Última actualización 22/08/2024 16:00

A Garda Civil detivo un home de Amoeiro, de 51 anos, por golpear cunha pedra e romperlle a clavícula a un veciño de 71.

A agresión produciuse o pasado domingo, cando o presunto autor agresor golpeou o veciño cunha pedra no peito mentres a vítima paseaba o can.

Así, causoulle a rotura de clavícula esquerda e varias contusións no corpo polas que estivo dous días hospitalizado.

O suposto agresor di que foi en defensa propia e asegura que son os veciños quen o ameazan. Con todo a veciñanza do lugar de Monte Asnal denunciárono en numerosas ocasións desde hai xa medio ano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade