Cargando resultados...
Deteñen un home na Coruña acusado de acoitelar outro
A vítima foi trasladada ao hospital, onde permanece con prognóstico reservado
G24.gal
25/02/2025 16:05
Na Coruña, a Policía Nacional detivo un home como presunto autor dun acoitelamento.
Sucedeu no barrio de Labañou.
O arrestado acoitelou presuntamente outro home en plena rúa. Polo de agora descoñécense as causas do enfrontamento.
A vítima foi trasladada ao hospital, onde permanece con prognóstico reservado. O detido está á espera de pasar a disposición xudicial.
A investigación continúa aberta.