Publicador de contidos
Publicador de contidos

Deteñen un veciño de Cambre por exhibir armas brancas durante un festival de rock

Deteñen un veciño de Cambre por exhibir armas brancas durante un festival de rock

Foron os asistentes aos concertos os que advertiron a Garda Civil de que o home paseaba cun machete e un coitelo polo recinto do festival en actitude ameazante

G24.gal 14/08/2024 09:39 Última actualización 14/08/2024 09:48

A Garda Civil de Cambre detivo un veciño da localidade por levar un machete e un coitelo de grandes dimensións nas mans durante a celebración do festival Rock in Cambre, durante a primeira fin de semana de agosto.

Nun comunicado, a Garda Civil informa de que numerosos asistentes que gozaban dun concerto deron a voz de alarma tras comprobar que o home amosaba as armas con actitude ameazante e intimidatoria, posiblemente por atoparse baixo os afectos das drogas.

En varias ocasións, indica a Garda Civil, realizou o xesto de fregar fío contra fío coas mans no alto.

Tras retirarlle as armas, o home foi arrestado e, posteriormente, posto a disposición xudicial. Segundo transcendeu, esta persoa contaba xa antes deste suceso con antecedentes por varios delitos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade