Deteñen un veciño de Rianxo que distribuía droga en locais de lecer da vila
Deteñen un veciño de Rianxo que distribuía droga en locais de lecer da vila
Levaba varias doses de cocaína, haxix e marihuana
Axentes da Garda Civil do posto de Boiro detiveron un home en Rianxo como suposto autor dun delito contra a saúde pública nunha operación contra o tráfico e o consumo de substancias ilegais en zonas de lecer.
Os efectivos policiais tiveron coñecemento da posible existencia dunha persoa dedicada á distribuír este tipo de substancias en locais nocturnos de Rianxo.
Lograron identificar o suposto autor dos feitos, ao constatar que frecuentaba de xeito rutineiro os locais de lecer da localidade durante as fins de semana, para facilitar que os seus posibles clientes puidesen localizalo para mercar droga.
Pillárono en flagrante delito cando se dispuña a realizar unha venda. Os axentes requisáronlle 30 doses de cocaína, tres de haxix, unha de marihuana, útiles para dosificar as substancias, un teléfono móbil e 480 euros en moeda fraccionada.
Arrestárono por traficar con drogas e os efectos aprehendidos quedaron a disposición do Xulgado de Garda de Padrón.